A Xunta continúa os traballos de limpeza e roza nas marxes de sete estradas autonómicas ao seu paso polas catro provincias

As vías obxecto destas tarefas pasan polo municipios de Narón, San Sadurniño, Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao, Viveiro, Xove, Castrelo de Miño, Crecente, Moaña e Cangas

Estas intervencións forman parte do contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de 4 M€ en dous anos

Santiago de Compostela, 6 de outubros de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas continuará a vindeira semana os traballos de limpeza e roza nun total de sete estradas das catro provincias.

As actuacións na provincia da Coruña proseguirán na autovía AG-64, nos concellos de Narón e de San Sadurniño.

Tamén continúan os traballos de roza e limpeza no tramo da vía de altas prestación CG-2.1, ao seu paso polos municipios de Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao, na provincia de Lugo. Ademais, seguirán  as intervencións na vía de altas prestación CG-2.3 no seu percorrido polos municipios de Viveiro e Xove.

Seguirán, ademais, as intervención que están en marcha na estrada OU-402, no concello ourensán de Castrelo de Miño.

En canto á provincia de Pontevedra, ademais dos traballos iniciados a pasada semana na PO-801, en Crecente; proseguirán as intervencións na comarca do Morrazo: na autovía AG-4.6, e en distintos tramos da vía de alta prestacións CG-4.1, que une os municipios de Moaña e Cangas.

Control de biomasa e seguridade viaria

Todas estas intervencións consisten na limpeza e roza de vexetación na zona de dominio público das estradas de titularidade da Xunta, e na reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas autonómicas ou no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.

A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Estas intervencións do departamento que dirixe María Martínez Allegue están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que conta, tralo recente incremento de 1 M€; cun investimento total de 4 M€ para os dous próximos anos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/10/2024