Rueda recibe aos participantes da VII edición do Camiño Segurlike solidario

O presidente da Xunta acompañou en Santiago de Compostela aos 220 peregrinos que percorreron o Camiño do Norte no marco desta iniciativa que recada fondos para a Fundación Gasol

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu hoxe en Santiago de Compostela aos participantes da VII Edición do Camiño Segurlike Solidario, organizada pola organización empresarial de seguros Cojebro.

Rueda destacou o obxectivo solidario da iniciativa, que, tal e como apuntou, encaixa cos valores que representa o Camiño de Santiago, agradecendo así mesmo aos participantes a súa contribución a visibilizar a ruta xacobea. 

Este ano, o Camiño SegurLike Solidario percorreu os últimos 100 quilómetros do Camiño do Norte, comezando en Baamonde (Lugo). Contou coa participación de 220 peregrinos, todos representantes do sector asegurador. Ao igual que nas edicións anteriores, SegurLike doará 1 euro por cada quilómetro percorrido polos peregrinos. A esta doazón unirase o "KM 0 Camino SegurLike Solidario", para que particulares e empresas poidan realizar as súas doazóns á Fundación Gasol.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/09/2024