Galicia valora positivamente que se inicie o proceso para articular medidas de flexibilización do Regulamento de Control da Pesca

Madrid, 25 de setembro de 2024

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, asistiu á reunión co representantes do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación na sede da Secretaría Xeral de Pesca (SXP) co obxectivo de abordar as novedades do novo Regulamento de Control de Pesca. Alí acordouse iniciar o proceso para articular medidas de flexibilización, simplificación e exención previstas no propio regulamento comunitario. O responsable autonómico valorou positivamente este primeiro paso en liña coas demandas trasladadas desde Galicia ao Ministerio o pasado mes de febreiro e que resultarían beneficiosas para o sector pesqueiro da comunidade, de forma especial, para a súa frota artesanal.

En primeiro lugar valorouse a posibilidade de flexibilizar a geolocalización para os buques de eslora inferior aos 9 metros así como outros aspectos relacionados co diario electrónico e constituíronse dos grupos de traballo, un para a pesca profesional e outro para a pesca deportiva. Neste último, Galicia mostrou as propostas nas que se está traballando desde a Consellería do Mar co obxectivo de colaborar o máximo posible neste proceso. Antonio Basanta subliñou que se trata dun bo punto de partida para lograr adecuar as fórmulas de control ás necesidades da pesca galega.

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 25/09/2024