Medio Rural enxalza a diversificación do sector agroindustrial galego na empresa lucense Cafés Candelas

Lugo, 25 de setembro de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, realizou esta tarde unha visita ás instalacións que a empresa Cafés Candelas ten no concello de Lugo. Durante o seu percorrido pola planta lucense, a conselleira salientou a importancia deste tipo de entidades que conforman o “amplamente diversificado” sector agroindustrial da nosa comunidade.

Neste sentido, puxo de relevo o labor realizado por Cafés Candelas neste eido, consolidada como unha empresa de referencia na elaboración deste produto e cunha gran aportación á industria alimentaria galega, que conta cunha facturación anual superior aos 4.500 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/09/2024