A Xunta reúnese con empresarios do ocio nocturno de Ferrol para a súa adhesión ao protocolo contra violencias sexuais e Lgbtifóbicas

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a delegada territorial da Xunta en Ferrol reuníronse con responsables do sector 

Ferrol, 25 de setembro de 2024

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, reuníronse hoxe con empresarios do lecer nocturno da cidade de Ferrol para facer partícipes aos seus locais do Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas elaborado pola Xunta de Galicia. 

O protocolo ten por obxecto establecer unhas pautas e unha guía de actuación no caso de ocorrer unha agresión sexual ou un acto violento contra as persoas LGTBI no interior dun local. Ademais, desde o mes de xuño, este protocolo está incluído no programa obrigatorio para obter o título de Controlador de accesos en Galicia.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/09/2024