A delegada da Xunta en Ferrol preside unha nova sesión da Comisión Territorial de Coordinación

Ferrol, 25 de setembro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá unha nova Comisión Territorial de Coordinación da Delegación que contou coa participación dos directores territoriais das distintas consellerías.

Durante a reunión de traballo que se leva a cabo periodicamente, a delegada fixo un repaso polo estado de tramitación das principais actuacións que o Goberno galego está a impulsar nesta área territorial. Ademais fixáronse tamén as prioridades de cara a este último trimestre do ano.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/09/2024