O presidente da Xunta asiste á inauguración das obras de accesibilidade do Parlamento de Galicia

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado doutros membros do Goberno galego, asistiu á inauguración das obras de accesibilidade do Parlamento de Galicia. 

Con esta reforma suprímense as barreiras arquitectónicas e ordénanse os tráficos rodados no acceso do centenario edificio que recupera así o servizo de entrada pola compostelá rúa do Hórreo.

A reforma xorde da necesidade de dispor dun espazo de recepción cuberto, previo ao ingreso, especialmente para grupos, no que se recollesen os servizos de seguridade e control, así como o acceso ao aparcamento subterráneo, mellorando a accesibilidade e dotándoo de sistemas de eficiencia enerxética e renovables.

Para a mellora da accesibilidade, as comunicación verticais resólvense con ascensores mentres que as horizontais, tanto exteriores como interiores, son prácticamente planas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/09/2024