A Xunta reúnese con empresarios do lecer nocturno de Lugo para a súa adhesión ao protocolo contra violencias sexuais e LGBTIfóbicas

O director xeral de Loita contra Violencia de Xénero e o delegado territorial da Xunta en Lugo reuníronse con responsables do sector

Lugo, 25 de setembro de 2024

O director xeral de Loita contra Violencia de Xénero, Roberto Barba, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuníronse hoxe con empresarios do lecer nocturno da cidade de Lugo para facer partícipes aos seus locais do Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas elaborado pola Xunta de Galicia.

O protocolo ten por obxecto establecer unhas pautas e unha guía de actuación no caso de ocorrer unha agresión sexual ou un acto violento contra as persoas LGTBI no interior dun local. Ademais, desde o mes de xuño, este protocolo está incluído no programa obrigatorio para obter o título de Controlador de accesos en Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/09/2024