Belén do Campo participa no acto institucional da patroa de institucións penitenciarias nosa señora da Merced

A delegada da Xunta puxo en valor as distintas liñas de colaboración do Goberno galego co cárcere de Teixeiro

Curtis (A Coruña), 24 de setembro de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou, esta mañá, nos actos de celebración da festividade da Patroa de institucións penitenciarias a señora da Merced no cárcere de Teixeiro. No acto a representante do Goberno autonómico felicitou persoalmente á directora da Fundación Barrié , Carmen Arias, pola Medalla de Oro ao Mérito Social  recibida polo compromiso coa inserción social e polo traballo de colaboración que a entidade ven desenvolvendo nas prisións de Galicia desde 1974.

Con este motivo, a representante do Goberno autonómico destaca as diferentes liñas de colaboración da Xunta con este organismo entre os que destacan os  equipos de Inclusión Nelson Mandela, dos centros penitenciarios de A Lama e Teixeiro que forman parte da Rede de Equipos de Inclusión do Consorcio Galego de Servzios de Igualdade e Benestar, en total son 20 equipos, 18 equipos comarcais e os 2 dos centros penitenciarios.

No módulo 1 do centro penitenciario de Teixeiro, o equipo de Inclusión do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, desenvolve un programa específico de “Preparación para a vida en liberdade”, é un módulo de respecto, educativo e convivencial destinado a internos/as penados/as que pola súa traxectoria e contía de condena, podan optar a un 3º grao nun prazo medio de tempo. Desde o 2021 deuse o visto bo para acoller neste módulo tamén a mulleres internas.

O obxectivo é a adquisición de destrezas e habilidades para favorecer a adecuada reincorporación da persoa reclusa a súa contorna sociocomunitaria: competencias persoais, sociais, e hábitos de vida saudables, orientadas a un comportamento prosocial, así como a adquisición de habilidades e destrezas básicas dirixidas ao emprego. Para a execución do programa, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar destina un equipo de inclusión sociolaboral composto por tres profesionais, con dedicación completa e exclusiva.

A delegada da Xunta salienta o éxito deste programa que dende a súa implantación no ano 2008, se atenderon a un total de 1819 persoas, 1679 homes e 140 mulleres, das que á data de hoxe, están de alta no programa un total de 37 persoas, 13 mulleres e 24 homes. Ademais, acadáronse  un total de 288 insercións laborais, 260 homes e 28 mulleres e recibiron formación en habilidades sociais  823 homes e 72 mulleres e no relativo á formación laboral, 542 homes e 33 mulleres recibiron formación laboral e de busca de emprego.

A representante do Goberno autonómico tamén lembra os convenios de colaboración que permitiron por exemplo o acceso telemático ás historias clínicas dos Sergas para prestar unha mellor asistencia aos reclusos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/09/2024