A Xunta licita por preto de 270.000 euros a reforma e mellora de rúa en Fumaces, no concello de Riós

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, establecendo un prazo de presentación de ofertas que finaliza o 22 de outubro

Trátase de executar as actuación necesarias para facilitar a accesibilidade neste núcleo do municipio ourensán polo que pasa a Vía da Prata, contribuíndo á mellora paisaxística da contorna do Camiño de Santiago

Estas obras enmárcanse nun convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Vivenda e planificación de Infraestruturas, que asumirá o 70% do orzamento; e o Concello de Riós, que achegará o 30% restante

As intervencións forma parte do Plan Hurbe impulsado pola Xunta, co que se contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais, como motores de dinamización

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de licitar as obras de reforma e mellora de rúa en Fumaces, por un orzamento de 268.842 euros.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, establecendo un prazo de presentación de ofertas que finaliza o vindeiro 22 de outubro.

Estas actuacións enmárcanse nun convenio de colaboración asinado entre a Xunta, que asumirá o 70% do orzamento desta intervención; e o Concello de Riós, que achegará o 30% restante.

A través deste contrato, ao abeiro do chamado Plan Hurbe impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas, preténdese mellorar a accesibilidade da poboación deste municipio ourensán e contribuír á mellora paisaxística da contorna do Camiño de Santiago.

A intervención obxecto de licitación consiste no acondicionamento dun tramo da rúa de Fumaces, núcleo pertencente a localidade de Riós e polo que pasa a Vía da Prata. Na actualidade, dita rúa atópase en mal estado de conservación, contando cun pavimento moi deteriorado.

Para iso, baixo este contrato realizarase unha reforma da rúa, levantando o pavimento existente, arranxando aqueles tramos da canalización de augas pluviais que presenten deficiencias e colocando unha nova pavimentación acorde coa contorna do Camiño de Santiago.

Este actuación enmárcase na continuada colaboración entre a Xunta e as entidades locais para a execución de obras e outras actuacións de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

Data de actualización: 23/09/2024