A Xunta participa a próxima semana en Valladolid nunha xornada sobre sistemas intelixentes de transporte

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, impartirá o mércores un relatorio sobre a Plataforma Galega de Mobilidade 4.0 como solución aos desafíos do Plan de Transporte Público de Galicia

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2024

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participará o mércores nunha xornada sobre Sistemas Intelixentes (ITS) en Valladolid. En concreto na sesión destinada ás ITS no transporte publico co relatorio a Plataforma Galega de Mobilidade 4.0 como solución aos desafíos do Plan de Transporte Público de Galicia.

Na xornada tamén se abordará a aplicación destas ferramentas para a xestión da mobilidade. O evento está organizado polo Foro de Novas Tecnoloxías do Transporte, ITS España, reúne ao sector público, privado e académico relacionado cos sistemas intelixentes de transporte para facer máis segura, sostible e eficiente a mobilidade das persoas e mercadorías de distintos modos de transporte.

A Plataforma Galega de Mobilidade 4.0 que presentará a directora xeral forma parte da estratexia da Xunta para avanzar cara un transporte dixital e sostible. Trátase dun sistema software que permita potenciar o uso do transporte público e modernizar os sistemas de pago.

Data de actualización: 23/09/2024