Diego Calvo asiste á final da Copa Galicia de Baloncesto

Lugo, 22 de setembro de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu esta tarde no Pazo dos Deportes de Lugo á final da XXXVIII Copa Xunta de Galicia Sénior Masculina, organizada pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón (AXSC). O partido entre o Rio Breogán e o Leyma Coruña saldouse coa vitoria dos lucenses como locais. Ambos conxuntos abrirán a próxima fin de semana a Liga Endesa. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/09/2024