Fabiola García visita aos usuarios do centro ocupacional de discapacidade psíquica de Verín

A conselleira de Política Social e Igualdade comprobou o estado das obras e supervisou as actividades que realizan os adultos que asisten a este centro

Verín (Ourense), 22 de setembro de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitaron esta semana aos usuarios do centro ocupacional de atención a persoas con discapacidade psíquica de Verín, onde puideron comprobar o estado das obras realizadas e supervisar as actividades que realizan os usuarios neste centro.

A conselleira destacou o apoio da Xunta a esta asociación, coa que colabora na financiación das 17 prazas coas que conta, e que desde este ano recibe maior financiamento grazas ao incremento do concerto social de discapacidade en Galicia. Así mesmo, a responsable da Xunta agradeceu o traballo diario que esta entidade realiza atendendo ás persoas con discapacidade da comarca de Verín.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/09/2024