A Xunta participa na I Edición dos Premios Arte&Comunicación que recoñecen o talento e o esforzo do tecido empresarial

San Cibrao das Viñas, 20 de setembro de 2024

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou hoxe na I Edición dos Premios Arte&Comunicaciones onde entregou á firma Seguridade A1 o galardón á Mellor Empresa do Sector Industrial. Estes premios teñen a finalidade de recoñecer o talento, a creatividade e  o esforzo do tecido empresarial.

Arte&Comunicaciones é unha empresa con sede en Ourense que leva máis de 20 anos no sector da formación e cuxa actividade se centra en impartir todo tipo de actividades formativas a persoas traballadoras en activo ou desempregadas, así como formación e asesoramento a empresas.

Logo da entrega dos galardóns, o director xeral asistiu á inauguración das novas instalacións de Arte&Comunicaciones emprazadas no Edificio Gaélica do Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/09/2024