Belén do Campo participa na Carreira da Muller na Coruña para concienciar sobre a loita contra o cancro de mama e a violencia de xénero

A Coruña, 22 de setembro de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou na Carreira da Muller que tivo lugar hoxe na Coruña. A ‘marea rosa’ botouse ás rúas baixo o lema ‘O teu dorsal conta’.

Entre os obxectivos prioritarios da Carreira da Muller mantense o esforzo por incorporar ás mulleres de todas as idades á práctica habitual do deporte, loitar contra o cancro e concienciar sobre a importancia da prevención, promover hábitos de vida saudables para evitalo na medida dos posible, e combater a violencia de xénero e as desigualdades sociais e educativas que sofren as mulleres en todos os ámbitos.

Todas as participantes contaron cun pin de tea cunha mensaxe: “O camiño cara á igualdade e o acceso a oportunidades de mulleres que o perderon todo é posible se todas nos unimos”. Os pins estaban amadriñados por personalidades como Sara Álvarez, Xema Hassen-Bey, Selina Moreno, Carmen Valero e Amaya Valdemoro, entre outras.

A Coruña é a sexta proba do circuíto nacional da Carreira da Muller 2024, tras Gran Canaria, Valencia, Madrid, Vitoria e Xixón.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/09/2024