A delegada territorial da Xunta en Ferrol apoia a AFAL na conmemoración do Día Internacional do Alzheimer

Ferrol, 21 de setembro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá nos actos que, con motivo do Día Internacional do Alzheimer, organiza cada ano a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ferrol (AFAL), en colaboración co Concello de Ferrol.

A cita tivo lugar na contorna do centro de día que a entidade ten na Casa do Mar nunha xornada a pé de rúa que arrincou coa lectura dun manifesto e a solta de globos en conmemoración aos doentes desta enfermidade. A xornada tamén incluíu unha andaina de cinco quilómetros, un circuíto para os máis pequenos titulado “Ponte na súa pel” e o sorteo de entradas para os partidos do Racing de Ferrol e o Baxi.

Como lembrou a delegada territorial, trátase de sensibilizar á poboación sobre a realidade de quen padece esta enfermidade e as súas familias, promovendo a solidariedade e o apoio comunitario.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/09/2024