Belén do Campo visita a mesa informativa de Afaco instalada no mercado de Elviña con motivo do Día Mundial do Alzhéimer

A Coruña, 20 de setembro de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, colaborou coa mesa informativa instalada no mercado de Elviña, unha das doce instaladas na cidade, con motivo da celebración do  Día Mundial do Alzhéimer 2024 o 21 de setembro.

A delegada recalcou a necesidade de concienciar á poboación sobre esta enfermidade para xerar maior información sobre a mesma, e de seguir investigando e mellorando o coñecemento sobre esta doenza, contando coa colaboración de Xunta en diferentes ámbitos. O lema da Confederación Española de Alzheimer para a edición de 2024 do Día Mundial do Alzheimer é “Somos específic@s”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/09/2024