A Xunta destaca a Feira do Moble de Galicia como escaparate da innovación e da evolución do sector

A Estrada (Pontevedra), 19 de setembro de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na inauguración da 36ª edición da Feira do Moble de Galicia, á que tamén asistiron os directores xerais de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros. Alí Gabriel Alén definiu a Feira do Moble de Galicia, que acolle o concello pontevedrés da Estrada ata este domingo 22 de setembro, como escaparate da innovación e da evolución do sector así como punto de encontro clave para esta industria e tamén para o interiorismo e a decoración.

Nesta liña, salientou o potencial deste sector na comunidade galega, referente a nivel nacional e internacional e que se ve reflectido nesta cita que reúne a máis de medio cento de firmas expositoras e que inclúe diferentes actividades. Ademais puxo de relevo a importancia dos recintos feirais como o da Estrada para acoller este tipo de feiras e outros eventos, promover os contactos de negocio e poñer en valor as tendencias e novidades no sector.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/09/2024