A Xunta apoia o espectáculo ‘Camiño Máxico no Pico Sacro’, que se celebrará en Boqueixón

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na presentación do espectáculo Camiño Máxico no Pico Sacro, que conta co apoio da Xunta de Galicia e se desenvolverá o 28 de setembro neste espazo natural do concello coruñés de Boqueixón. Trátase dun musical da compañía Queiman e Pousa, que narra a lenda do Apóstolo Santiago e da Raíña Lupa. A actuación é de entrada libre e de balde.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/09/2024