Belén do Campo recibe ao novo xeneral xefe do mando de apoio á maniobra, Raimundo Rodríguez

A Coruña, 18 de setembro de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, recibiu ao novo xeneral xefe do Mando de Apoio á Maniobra Xeral de División, Raimundo Rodríguez Roca. No encontro a delegada desexoulle moita sorte e éxitos na súa nova responsabilidade e púxose á súa disposición, ao tempo que ofreceulle continuidade na total colaboración do Goberno galego.

O Mando de Apoio á Manobra ten ao seu cargo unha organización composta por máis de 12.000 militares, que realizan operacións en España e no exterior. Rodríguez Roca sucede no cargo ao xeneral Juan Francisco Arrazola, que pasou á reserva recentemente ao cumprir a idade regulamentaria. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/09/2024