Arias destaca o labor de Raiolas no primeiro centro de día para persoas con trastorno do espectro autista de Lugo

Lugo, 17 de setembro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias,  destacou hoxe o importante labor que realiza a asociación Raiolas. Durante unha xuntanza coa súa presidenta, Inés Flores, subliñou especialmente a apertura do primeiro centro de día para persoas con trastorno autista que se pon en marcha na provincia, que se inaugurará oficialmente o vindeiro sábado.

A Xunta colaborou economicamente coa entidade no acondicionamento das instalacións, situadas nun edificio do Campus universitario que estaba en desuso, e tamén contribúe ao seu funcionamento concertando prazas e financiando diversos programas e servizos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/09/2024