A Xunta continuará os traballos de limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra

Na provincia de Ourense seguirán as tarefas de acondicionamento nas zonas verdes en sendas peonís e glorietas da OU-536 e a OU-537, no Pereiro de Aguiar e en San Cibrao

Na provincia da Coruña proseguirán as intervencións en execución na autovía Ferrol-Vilalba, ao seu paso polos concellos de Narón e San Sadurniño

Seguirán na provincia de Lugo os traballos nas vía de altas prestación CG-2.1, desde Monforte de Lemos ao Alto de Faro; na CG-2.3, en Viveiro e Xove; e na LU-615, no Saviñao

Proseguirán as intervencións nas comarca do Morrazo, nos municipios de Moaña e Cangas, na autovía AG-4.6, e na vía de altas prestacións, CG-4.1

Estas intervencións forman parte do contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de 4 M€ en dous anos

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2024

A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias da Coruña, de Lugo e de Pontevedra.

Ademais, na provincia de Ourense seguirán as tarefas de acondicionamento nas zonas verdes en sendas peonís e glorietas das estradas OU-536 e OU-537, no Pereiro de Aguiar e en San Cibrao.

Todas as actuacións que se están a acometer nas vías de titularidade autonómica consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, na reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas ou no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.

No caso das actuación de roza e limpeza, na provincia da Coruña proseguirán os traballos en execución na autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), ao seu paso polos concellos de Narón e San Sadurniño.

Tamén se continuarán os traballos de roza e limpeza no tramo da vía de altas prestación CG-2.1, desde Monforte de Lemos ao Alto de Faro, na provincia de Lugo. Ademais, proseguirán as tarefas na LU-615, no Saviñao; e na vía de altas prestación CG-2.3, no seu percorrido polos municipios de Viveiro e Xove.

En canto á provincia de Pontevedra, proseguirán as intervencións nas comarca do Morrazo, na autovía AG-4.6, e na vía de altas prestacións, CG-4.1, nos municipios de Moaña e Cangas.

A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Estas intervencións do departamento que dirixe María Martínez Allegue están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que conta, tralo recente incremento de 1 M€; cun investimento total de 4 M€ para os dous próximos anos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/09/2024