Diego Calvo participa na entrega de premios do campionato principal do 'World Surf League' no Abanca Pantín Classic

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou na entrega de premios do campionato principal da World Surf League no marco da 37ª edición do Abanca Pantín Classic Galicia Pro, que conta co apoio da Xunta. Diego Calvo entregoulle o galardón ao portugués Afonso Antunes, gañador da proba xunto á francesa Tya Zebrowski nas categorías masculina e feminina, respectivamente.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/09/2024