A campaña GALICIA SABER AMAR visita Ferrol e San Sadurniño co mellor sabor das rías galegas

Ferrol, 31 de agosto de 2024

A campaña GALICIA SABE AMAR continúa coa súa peregrinación por todo o territorio galego sumando novos concellos nesta nova edición que se puxo en marcha este mes de agosto. Esta iniciativa leva o mellor sabor do mar dun xeito novidoso grazas a catro foodtrucks á vez que se divulga os beneficios para saúde que detrás do consumo destes alimentos. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, achegouse hoxe ás gastronetas que visitaron os municipios de San Sadurniño e Ferrol nos resaltou a importancia de reforzar a promoción dos produtos pesqueiros nun contexto de progresivo descenso da presencia do peixe, do marisco e das conservas na cesta da compra da cidadanía.

O responsable autonómico subliñou que a nosa comunidade conta cun produto de excelente calidade provisto dunhas propiedades nutricionais e culinarias únicas. Nesta liña, recalcou que iso é posible grazas ao traballo das xentes do mar que día tras día fan posible que os tesouros do mar de Galicia rematen no nosos pratos. Por último, reiterou o compromiso da Xunta de seguir traballando na promoción dos alimentos mariños e volveu a recriminar a falta de apoios do Goberno central neste ámbito e con outras medidas como a rebaixa do IVE que, como sinalan informes de diferentes organismos independentes, permitiría impulsar o consumo e xerar máis emprego na cadea mar-industria, estratéxica para a economía galega.

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 31/08/2024