Medio Rural destaca a calidade da despensa galega na XXXIV Festa da anguía e mostra da caña do país de Valga

Valga (Pontevedra), 31 de agosto de 2024

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu esta tarde aos actos da XXXIV Festa da anguía e mostra da caña do país, que se celebra estes días no concello pontevedrés de Valga.

Neste evento, no que estivo acompañado polo alcalde da localidade, José María Bello, e polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, o director xeral salientou a riqueza e calidade da despensa galega no seu conxunto e destes dous produtos tradicionais en particular -a anguía e a caña do país-, que se exaltan en común nesta celebración.

Data de actualización: 31/08/2024