Controlado un incendio forestal no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira

O lume iniciouse ás 23.27 horas de onte, día 29, e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2024

A Consellería do Medio Rural informa de que un incendio no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira, quedou controlado ás 8.38 horas de hoxe.

O lume iniciouse ás 23.27 horas de onte, día 29, e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 12 axentes, 17 brigadas, 18 motobombas e 3 pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 30/08/2024