A Xunta pon en valor a cociña e os produtos do mar galegos nas xornadas gastronómicas de Corcubión

Corcubión (A Coruña), 24 de agosto de 2024

A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), Covadonga Salgado, participou hoxe nas primeiras Xornadas Gastronómicas de Corcubión , iniciativa impulsada pola confraría de pescadores de Corcubión para promocionar un dos produtos estrela do mar: o polbo . Alí destacou o potencial deste evento para poñer en valor os produtos do mar galegos e dar a coñecer os seus beneficios nutricionais, así como impulsar a súa demanda nun momento de pleno auxe para o turismo en Galicia.

Estas xornadas gastronómicas, que se celebran ata o domingo, día incluído, ten programados diferentes obradoiros, demostracións e degustacións que contan con distintos profesionais da cociña. Entre estes atópanse: Miguel Silvarredonda, cociñeiro cabanés e docente no centro Paseo das Pontes; os chefs Raúl Góñez e Rafael Puentes; e Brais Pichel,  que conta cunha estrela Michelín. Con todo, a representante de Intecmar recalcou o apoio da Xunta neste tipo de iniciativas que axudan a expandir os produtos do mar aos mercados nacionais e internacionais, o que nos sitúa como a comunidade líder de Europa no sector marítimo-pesqueiro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/08/2024