A Xunta colabora para que o espectáculo ‘Dique’ de Nova Galega de Danza se represente no propio Dique da Campá de Ferrol

Este proxecto dálle visibilidade ao papel de centos de mulleres na construción desta infraestrutura no século XIX

Ferrol, 24 de agosto de 2024

A compañía Nova Galega de Danza representará mañá en Ferrol o espectáculo ‘Dique’, que visibiliza o papel de centos de mulleres na construción do Dique da Campá da cidade ferrolá. Grazas á colaboración da Xunta de Galicia e do concello de Ferrol, a actuación celebrarase no propio Dique protagonista da historia.

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, celebra o éxito deste proxecto que, logo da estrea o pasado mes de xuño en Santiago, pecha o círculo do mellor xeito posible: no propio Dique da Campá, a obra de enxeñaría hidráulica máis importante do século XIX en España.

Na presentación do espectáculo, a directora xeral animara ás ferrolás e ferroláns a achegarse a velo e desfrutar dun espectáculo único, conformado por un equipo de mulleres referentes que representan un claro exemplo de feminismo en movemento.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/08/2024