Diego Calvo participa en Ferrol na homenaxe aos exxogadores de fútbol sala Adri e Pola

Ferrol, 22 de agosto de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe en Ferrol na homenaxe aos exxogadores internacionais de fútbol sala Adrián Martínez, Adri, e Adrián Alonso, Pola, con motivo da súa retirada como profesionais deste deporte. O acto, que contou co apoio da Xunta, celebrouse no polideportivo municipal da Malata previamente ao partido amigable entre as seleccións absolutas masculinas de fútbol sala de España, da que ambos os exxogadores formaron parte, e Hungría. O conselleiro asistiu tamén ao encontro, enmarcado no V Trofeo Cidade de Ferrol e preparatorio para o Mundial de Uzbekistán.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/08/2024