Mar insiste en que en Cabo de Cruz se está aplicando a normativa vixente e os seus propios plans de xestión

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2024

A Consellería do Mar insiste en que, fronte as manifestacións realizadas no día de hoxe por membros da agrupación de marisqueo a flote da confraría de Cabo de Cruz, a administración autonómica só esta aplicando a normativa en vigor e o establecido nos propios plans de xestión de ambos colectivos que están dispoñibles no portal de Pesca de Galicia.

Desde o Goberno galego lamentamos que este enfrontamento interno está afectando gravemente ao normal funcionamento do pósito composto por 330 membros, dos cales 199 corresponden a marisqueo a pé e 98 a marisqueo a flote. Desde o departamento dirixido por Alfonso Villares recálcase a vontade de diálogo que se ven mantendo ao longo de todo o conflito entre os profesionais de a pé e os de a frote celebrándose a última reunión o pasado 8 de agosto na que participaron o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, na sede central do ente público.

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 14/08/2024