A Xunta colabora co Festival Ponte Farruca de Laza para promover a diversidade e a igualdade no rural

A festividade ten lugar este sábado e conta con feira de artesanía e agrícola, tractorada, exposición de coches e actuacións musicais, entre outras actividades

Laza (Ourense), 17 de agosto de 2024

A Xunta de Galicia colabora co Festival Ponte Farruca de Laza que este sábado celebra a súa terceira edición promovendo a diversidade e a igualdade entre mulleres e homes e do colectivo LGTBI no rural. Esta iniciativa combina concertos, teatro, talleres, bailes e cinema entre outras actividades para achegar ao rural ourensán actividades de lecer que promovan a convivencia e o respecto.

Na edición deste ano, o cartel está encabezado polo artista Mondra, así como tamén por Bicoia, De Ninghures ou Silveiras do Támega, entre outros. Tamén se celebrará unha feira de artesanía e agrícola, a tradicional tractorada e exposición de coches clásicos e obradoiros de baile. O Goberno galego promove este tipo de encontros que favorecen a igualdade e o respecto pola diversidade no rural, un ámbito no que aínda resulta necesario incrementar esforzos para rachar coas discriminacións por orientación sexual ou identidade e xénero.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/08/2024