Rueda destaca a calidade e excelencia do Real Club Náutico de Ribadeo no seu 50 aniversario

Sitúa á institución como un exemplo para toda Galicia pola súa aposta por un turismo responsable

Ribadeo (Lugo), 13 de agosto de 2024

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, puxo ao Real Club Náutico de Ribadeo como exemplo de sustentabilidade, calidade e excelencia durante a celebración do seu 50 aniversario, nun acto que serviu para homenaxear a aqueles que contribuíron ao seu crecemento e no que, ademais, o titular do Goberno galego foi condecorado coa insignia de ouro como socio de honra.

Na súa intervención, Rueda apuntou ao coidado do patrimonio natural, ao excelente trato a socios e visitantes, á inversión nas súas instalacións e á aposta por un turismo de calidade e responsable como os piares de décadas de éxitos e recoñecementos para o Real Club Náutico. Nesta liña, sinalou que o bo traballo realizado nestes anos e os méritos acadados converteron ao club nun exemplo a seguir para toda Galicia, contribuíndo á boa imaxe da comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/08/2024