A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro con representantes de Datalife

Lorenzana destaca o labor de Datalife como indispensable para achegar a tecnoloxía dixital ao sector biotecnolóxico galego

Na reunión deuse conta dos proxectos que leva desenvolvido ata o de agora, enfocados, fundamentalmente á prestación de servizos de intelixencia artificial e robótica para a produción ecolóxica e sustentable no sector agroalimentario

Considera que é unha peza clave para identificar retos tecnolóxicos nas área da saúde, a economía circular, e os novos produtos, e dotar estes sectores das ferramentas necesarias para afrontalos

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, cualificou como indispensable o labor que realiza o hub de innovación dixital Datalife á hora de achegar a tecnoloxía dixital a toda a cadea de valor do sector biotecnolóxico de Galicia.

Lorenzana mantivo un encontro con representantes desta entidade, que reúne unha vintena de asociados de diferentes sectores, entre empresas, centros tecnolóxicos, universidades e cinco clústers empresariais, como é o caso do Clúster Saúde de Galicia, Anfaco-Cecopesca, Bioga, o Clúster TIC e o de Madeira e Deseño de Galicia.

As cadeas de valor nas que traballa son a de agro-mar alimentación, biotecnoloxía, forestal-madeira e a de saúde-coidados. En total, abrangue un ámbito de 52.350 empresas, co obxectivo de acelerar a súa transformación dixital e optimizar toda a súa infraestrutura de procesamento de datos a través da Intelixencia Artificial e o Big Data.

Na reunión deuse conta dos proxectos que leva desenvolvido ata o de agora, enfocados, fundamentalmente á prestación de servizos de intelixencia artificial e robótica para a produción ecolóxica e sustentable no sector agroalimentario.

Datalife, segundo destacou a conselleira, é unha peza clave para identificar retos tecnolóxicos nas área da saúde, a economía circular, e os novos produtos a partir de biorrecursos e dotar estes sectores das ferramentas necesarias para afrontalos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/08/2024