A Xunta valora a inserción laboral no marco do programa integrado de emprego da asociación Amicos

Ribeira (A Coruña), 30 de xullo de 2024

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe no evento Amicos Empodera, dirixido a recoñecer o labor do alumnado durante os primeiros meses do Programa Integrado de Emprego (PIE) da asociación Amicos, que acada xa a súa cuarta edición. 

A directora xeral valorou os resultados dos PIE subvencionados pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de cara á inserción laboral das persoas participantes. Apostou pola coordinación entre administracións para seguir avanzando na formación para o emprego e no aumento das oportunidades laborais, especialmente relevantes -dixo- en colectivos como as mulleres ou as persoas con discapacidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/07/2024