O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración destaca o compromiso de Ospaña na promoción do benestar social e sanitario dos galegos residentes en Bos Aires

Bos Aires (A Arxentina), 29 de xullo de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e do delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, realizou hoxe unha visita institucional a Ospaña, onde destacou o compromiso e a dedicación de entidades como esta na promoción do benestar social e sanitario dos seus milleiros de afiliados españois, en particular galegos residentes na cidade de Bos Aires e a súa contorna.

Durante a visita ás instalacións de Ospaña, o conselleiro puido comprobar en primeira persoa os avances e melloras recentes no servizo que esta entidade ofrece desde a súa inauguración en 2019. José González subliñou a importancia da atención sanitaria integral proporcionada por Ospaña, que beneficia persoas de todas as idades e situacións económicas na comunidade española da Arxentina.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/07/2024