O Servizo Galego de Saúde publica a relación definitiva das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario

Rexistráronse 22.987 inscricións nas que foron admitidos 22.401 aspirantes

O 12,10% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se publica a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polos aspirantes admitidos no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías.

En concreto, trátase das categorías de celador, celador quenda discapacidade intelectual, técnico en farmacia, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico superior en dietética, técnico superior en documentación sanitaria, técnico superior en hixiene bucodental,  técnico superior en imaxe para o diagnóstico,  técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico superior en radioterapia.

Rexistráronse, en total, 22.987 inscricións nas que foron admitidos 22.401 aspirantes. O  12,10% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. Menos do 2% das solicitudes de participación resultaron excluídas.

O total de aspirantes admitidos por categorías foron 12.738 en celador; 293 en celador quenda discapacidade intelectual; 1.979 en técnico en farmacia; 792 en técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía; 443  en técnico superior en dietética; 385 en técnico superior en documentación sanitaria; 624 en técnico superior en hixiene bucodental; 2.324 en técnico superior en imaxe para o diagnóstico; 2.528 en técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico; e 305 en  técnico superior en radioterapia.

O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de 1.124 en celador; 14 en celador quenda discapacidade intelectual; 109 en técnico en farmacia; 79 en técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía; 52 en técnico superior en dietética; 22 en técnico superior en documentación sanitaria; 42 en técnico superior en hixiene bucodental; 602 técnico superior en imaxe para o diagnóstico; 140 en técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, e 13  técnico superior en radioterapia.

As listas atópanse publicadas, á disposición dos interesados, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

As listas entrarán en vigor a efectos de chamamentos o día 30 de xullo.

Próximas publicacións:

Mañá martes, día 30 de xullo, publicaranse as listas definitivas de auxiliar administrativo, persoal de servizos xerais, cociñeiro e pinche.

O mércores, día 31 de xullo, publicaranse as listas provisionais das categorías de albanel, carpinteiro, enxeñeiro técnico, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, peiteador, técnico de grao medio en prevención de riscos laborais e técnico superior de prevención de riscos laborais, xunto coas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, de 23 de outubro).

Data de actualización: 29/07/2024