A Xunta e a Asociación As San Lucas de Mondoñedo tratan novas colaboracións para as festas deste ano

Lugo, 26 de xullo de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe con representantes da asociación As San Lucas de Mondoñedo para tratar novas colaboracións de cara á celebración das Festas das San Lucas deste ano. 

A Xunta cooperará na loxística do evento, que atrae a multitude de visitantes. En concreto, o Goberno galego financiará a instalación de gradas na praza da Catedral para mellorar a seguridade e a visibilidade na espectacular baixada dos cabalos polo casco vello e na exhibición de doma nocturna. Tamén a colocación de aseos nas xornadas festivas para ofrecer máis confort ao público asistente.

O delegado lembrou que a Administración autonómica apoia anualmente esta celebración con diferentes instrumentos de colaboración, como as axudas destinadas á promoción e difusión das Festas de Interese Turístico de Galicia. Na convocatoria deste ano concedéronse 4.000 euros para a festa e feira mindoniense.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/07/2024