Román Rodríguez felicita aos alumnos de FP das Mercedes polo seu labor na 50ª Subida a Chantada

Chantada, 28 de xullo de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiu hoxe á 50ª edición da Subida Automobilística a Chantada, parte do Campionato de España de Montaña (CEM). Durante a xornada celebráronse a terceira subida de adestramentos e dúas carreiras.

Entre os participantes destacou un coche de Fórmula 3 desenvolvido integramente por alumnos e profesores do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) As Mercedes. Os estudantes do ciclo dual de Alta Especialización en Vehículos de Competición, o primeiro grao de España, traballaron na desmontaxe, posta a punto, adaptación mecánica e tecnolóxica, reparación de motor, sistemas de freada, e pintado e vinilado da carrozaría do modelo Dallara F3. Román Rodríguez felicitou aos estudantes polo excelente traballo realizado.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/07/2024