A Xunta destaca o potencial das variedades vitivinícolas galegas na celebración da XVIII Festa do tinto Rías Baixas de As Neves

As Neves (Pontevedra), 25 de xullo de 2024.

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu hoxe á XVIII Festa do Tinto Rías Baixas, que se está a celebrar na localidade pontevedresa de As Neves. 

Este evento serve para poñer en valor o bo facer de viticultores e adegueiros da Denominación de Orixe Rías Baixas no concello de As Neves, que forma parte da subzona de Condado do Tea, unha das cinco que compoñen esta DO e que conta cunha produción de algo máis de 8,7 millóns de quilos de uva.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/07/2024