A Xunta homenaxea a Rosalía de Castro coincidindo co Día de Galicia cunha misa e unha ofrenda floral

Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2024

Os conselleiros de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; e do Mar, Alfonso Villares, asistiron esta tarde ao dobre acto relixioso e cívico que cada 25 de xullo se celebra en Santiago en homenaxe a Rosalía de Castro.

A Igrexa de San Domingos de Bonaval acolleu a tradicional misa que nesta data se oficia en lembranza dunha das figuras principais da cultura e da identidade galega. Posteriormente, as autoridades e demais asistentes acudiron a realizar unha ofrenda floral no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres onde está enterrada a escritora.

Data de actualización: 25/07/2024