O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa na reunión do Consorcio de Santiago

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe, na véspera do Día de Galicia, na reunión do Consello de Administración do Consorcio de Santiago, na que toma parte por primeira vez como representante da Xunta, xunto con membros do Goberno central e do Concello. 

A xuntanza, que coincide coas celebracións do Apóstolo na capital galega, tivo sobre a mesa a contas xerais do 2023 da entidade, así como o informe de execución do plan de obxectivos do ano pasado e a estimación do orzamento de 2025 para remitir á Administración Xeral do Estado. Neste senso, cómpre lembrar a importancia do Consorcio como órgano executor das accións de preservación e revitalización do patrimonio cultural de Santiago promovidas en conxunto polos gobernos central, autonómico e local. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/07/2024