A Xunta apoia a III Festa da Xuventude de Guntín, que se celebra o 31 de xullo con actividades infantís e actuacións musicais

Lugo, 25 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia apoia a III Festa da Xuventude de Guntín, que se celebra o vindeiro mércores 31 de xullo. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o alcalde, Ángel Pérez, deron a coñecer o programa, que inclúe música e actividades para os nenos e nenas.

 

A cita comezará ás 18,00 horas cunha festa infantil e a festa da espuma. Pola noite haberá verbena coa orquestra Panorama e Coco Music. Tamén actuarán os DJ Marcos Magán e Casanova. Todas as actividades se desenvolverán na praza da Igrexa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/07/2024