A Xunta pon en valor a Axenda Urbana e Rural do Porriño como “instrumento fundamental das intervencións no territorio”

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, participou hoxe na presentación desta folla de ruta para o desenvolvemento do Porriño

O Porriño (Pontevedra), 23 de xullo de 2024

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, participou hoxe á presentación da Axenda Urbana e Rural do Porriño, xunto ao alcalde deste concello, Alejandro Lorenzo e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz.

Na súa intervención, Rivas subliñou que a Axenda Urbana e Rural “é un instrumento fundamental como folla de ruta das intervencións a acometer no territorio” e mostra dun urbanismo responsable. “Todos os axentes económicos e sociais e a sociedade en xeral teñen que poñer o seu grao de area nas actuacións que determinan a calidade de vida e a protección do territorio que legaremos aos nosos fillos”, subliñou.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/07/2024