Medio Rural afonda na súa colaboración con Lugomadera a prol do sector forestal galego

Lugo, 23 de xullo de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta mañá con representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo (Lugomadera) encabezados pola súa presidenta, María Carmen Gayoso, para afondar na colaboración con esta entidade.

No encontro, a conselleira escoitou as súas suxestións e demandas. Ademais, avaliouse a situación actual e as perspectivas de futuro do sector forestal galego, nacional e internacional e avaliáronse as diferentes vías de colaboración a prol deste eido produtivo clave no rural da nosa comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/07/2024