Luz Casal actúa mañá no Mosteiro de San Salvador de Celanova co apoio da Xunta

A terceira edición do ciclo Rock entre pedra e poesía conta co patrocinio de Turismo de Galicia coa intención de diversificar a oferta turística do verán galego 

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2023

O Mosteiro de San Salvador de Celanova acollerá mañá o concerto de Luz Casal na terceira edición do ciclo Rock entre pedra e poesía, que conta co apoio de Turismo de Galicia no seu compromiso por encher a oferta turística do verán galego e distribuíla polos distintos concellos.

Considerada como unha das artistas españolas con máis éxito internacional, Luz Casal acumula decenas de premios que destacan a súa condición de pioneira do rock en español. No concerto presentará o seu primeiro disco inédito en cinco anos, o máis autobiográfico da súa carreira.

O concerto celebrarase a partir das 22,00 horas e as entradas pódense mercar en Ataquilla a prezo de 35€. A actuación de Luz Casal toma a testemuña dos concertos en edición anteriores de Miguel Ríos (2022) e Javier Gurruchaga & La Orquesta Modragón y Revólver (2023).

Data de actualización: 23/07/2024