A Xunta leva mañá á Coruña o concerto de Chris Isaak, co que remata o ciclo Coruña Sounds

Este festival, que conta co apoio de Turismo de Galicia, xa levou tamén á cidade herculina este ano os concertos de Emilia, Camilo, Robe e o pasado domingo, Luis Miguel 

A Coruña, 23 de xullo de 2023

A Xunta de Galicia impulsa mañá mércores 24 de xullo o concerto do cantante, compositor, actor e guitarrista Chris Isaak como peche do ciclo de concertos Coruña Sounds. As entradas están á venda en Ataquilla.

O Palacio da Ópera será o escenario no que actuará a partir das 21,00 horas o artista americano, con máis de 30 anos de carreira cun concerto íntimo no que soarán algúns dos seus temas máis clásicos como Wicked Game ou Blue Hotel. 

Con este espectáculo remata o ciclo de concertos A Coruña Sounds, promovido por Bring the Noise co apoio de Turismo de Galicia, que levou á Coruña nos últimos meses a artistas como Emilia, Camilo, Robe ou o, pasado domingo, a Luis Miguel, celebrados no Coliseum da Coruña e no Porto, e todos con gran éxito de público.

O apoio a estes concertos por parte da Xunta de Galicia enmárcase no seu traballo por impulsar a oferta turística da cidade da Coruña. Ademais do ciclo A Coruña Sounds, no marco de Gozo Festival celebrarase a finais de ano o concerto de Rod Stewart, para o que xa están á venda as entradas. Tamén están por celebrarse outros espectáculos a finais de ano na cidade como o de Sara Baras ou Raphael, entre outros.

 

Data de actualización: 23/07/2024