A Xunta entrega ao Centro do Medio Rural de Torroso material para prevención de incendios forestais

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Ana Ortiz, entregou este martes ferramentas destinadas a defensa dos montes e xardíns de Mos

Mos (Pontevedra), 23 de xullo de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Ana Ortiz, participou esta martes na entrega de diverso equipamento ao Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso, en Mos, destinado á prevención e defensa contra incendios forestais. No acto no que estivo acompañada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e a directora-xerente de Seaga, Luisa Piñeiro, a representante autonómica destacou a aportación do Goberno galego para actuacións nos montes e xardíns do municipio mosense.

Segundo indicou, trátase de diferente material, como desbrozadoras, motoserras e equipamento de seguridade, que poderán ser utilizadas polo persoal do centro dotacional grazas ao convenio de colaboración entre a Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Servizo Agrario Galego (Seaga).

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/07/2024