A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou na XII Conferencia Sectorial da Inmigración

A Xunta pídelle ao Goberno central que convoque unha Conferencia de Presidentes e a declaración da emerxencia migratoria

O Executivo galego amosou a súa solidariedade coas persoas migrantes, pero reivindicou a necesidade dunha maior planificación 

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou na XII Conferencia Sectorial de Inmigración. Unha reunión na que a Xunta reclamou ao Goberno central a celebración dunha Conferencia de Presidentes e a declaración da emerxencia migratoria. Este mecanismo permite solicitar axuda á Unión Europea.

O Executivo galego amosou, unha vez máis, a súa solidariedade coas persoas migrantes, pero reivindicou a necesidade dunha maior planificación por parte do Goberno central. En concreto, demandou que os datos das persoas que cheguen este verán a Galicia se transmitan coa maior celeridade e coa maior exactitude posible. Neste sentido, engadiu, a Administración autonómica conta con competencias exclusivas, como a asistencia sanitaria e a atención a menores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/07/2024