A consellería do Medio Rural salienta o potencial da Denominación de Orixe Rías Baixas na celebración da XXIII Festa do Viño de Meaño

Meaño (Pontevedra), 19 de xullo de 2024

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, acompañado polo delegado Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, asistiu hoxe á inauguración da XXIII Festa do Viño de Meaño, que se celebra esta fin de semana na localidade pontevedresa.

Este evento serve para poñer en valor o bo facer de viticultores e adegueiros da Denominación de Orixe Rías Baixas en Meaño, concello que forma parte da subzona do Val do Salnés, unha das cinco que compoñen esta DO e que conta cunha produción de preto de 26 millóns de toneladas de uva.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/07/2024