A Xunta licita a construción de 58 vivendas, con técnicas industrializadas, en San Paio de Navia

O investimento total supera os 13M€

Trátase de dous grupos de 37 e 21 vivendas nas que se aplicarán técnicas de construción industrializadas

Santiago de Compostela 19 de xullo de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas investirá máis de 13M€ na redacción de proxecto e construción de 58 vivendas de promoción pública que se levantarán nas parcelas M-IVB-20 e M-IVB-21 de San Paio de Navia, en Vigo, cuxo contrato ven de licitar.

A licitación inclúe dous lotes. Un prevé a construción de 37 vivendas na parcela M-IVB-20, e o outro 21 vivendas na parcela M-IVB-22.

Estas dúas obras son as primeiras de San Paio de Navia que se realizarán con técnicas industrializadas

Así, é obrigada a aplicación de técnicas construtivas industrializadas, o cal se realizará analizando os diferentes e principais sistemas existentes no sector e valorando a mellor relación calidade-prezo, considerando na devandita relación o grao de industrialización e a optimización para a súa aplicación particular en San Paio.

Neste sentido, a execución das obras de edificación levarase a cabo mediante novas técnicas de construción industrializada, aplicando unha ou varias patentes, que permitan axuntar arquitectura con prefabricación, nunha relación que permita optimizar (en prazo, en prezo, en sustentabilidade, en seguridade e/o en calidade e mellor uso e mantemento durante a vida útil do inmoble) a referida promoción.

Entre as técnicas industrializadas que se inclúen nas bases da licitación está o emprego de madeira, tanto na estrutura dos inmobles como en outros elementos dos mesmos.

A construción industrializada é o motivo polo que se inclúe no mesmo contrato a redacción do proxecto e a construción das vivendas.

O financiamento da obra corresponde nun 84,42% a fondos da comunidade autónoma en un 15,58% a fondos da Unión Europea (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)

Data de actualización: 19/07/2024